É a hora de despedirse, despois de varios meses de traballo, chegamos ao final do noso proxecto. Comezamos inquedos polo que nos depararía a materia, pois a pesar de dar TIC no instituto os nosos coñecementos eran escasos. Pensamos que serviríanos para aprender a realizar recursos que poderiamos empregar como futuros docentes, e estabamos no certo, pero esquecémonos que aprenderíamos aínda algo máis importante, a traballar contidos transversais a través das TIC. Realizamos moitas actividades, sempre relacionadas co río Miño e como inculcar nas xeracións máis novas o coidado polo medio ambiente. Descubrimos como realizar páxinas webs, actividades, numerosas aplicacións que nos servirán no futuro para deseñar os nosos propios recursos.
Ata aquí chegou a nosa experiencia nesta materia, déronnos as ferramentas para sacarlle o máximo partido as Tics, agora só fai falla poñelo en práctica.
Recopilamos todo o traballo destes meses nunha páxina web, nela poderás coñecer todo o que rodeou ao noso proxecto ao longo deste cuatrimestre: Por qué eliximos o Río Miño como temática? Por qué eliximos realizar unha páxina web e non outro tipo de proxecto? Como secuenciaríamos todos os recursos realizados á hora de implementalos nun aula?
Ademais, nesta páxina web terás acceso directo aos nosos recursos elaborados, poderás coñecer un pouco máis da historia do Río Miño e mesmo poderás participar nun reto semanal!!!

Comentarios
Publicar un comentario