A tarefa que realizamos é a creación dun póster dixital no que se amosan os recursos que escolleu cada membro do grupo.
O primeiro de todo, foi elixir a aplicación coa que realizaríamos o póster. Decidímonos por "Canva" por ser esta a máis intuitiva. Unha vez tiñamos a aplicación, era necesario escoller como estruturaríamos o traballo. Pensamos que o mellor era dividir os recursos segundo fosen webs, vídeos, aplicacións... Logo tocaría realizar a nube de palabras, no noso caso unha árbore, representando o nosa preocupación polo medio ambiente. Esta nube de palabras debía estar integrada por palabras que representasen dalgunha forma o noso proxecto. Contaminación, fauna, río, vida... foron as palabras que decidimos que conformasen a nosa "árbore de palabras".
Consideramos que a busca de recursos vai a ser clave para o desenvolvemento do noso proxecto final xa que nos puxo en contacto con diferentes métodos de instrución (dende os máis tradicionais ata os máis novidosos e innovadores) e nos fixo darnos conta da gran variedade de posibilidades existentes á hora de aprender coas novas tecnoloxías.

Comentarios
Publicar un comentario