FERRAMENTAS PARA A REALIZACIÓN DO AUDIOVISUAL

Tras coñecer a tarefa que se nos asignou, pensamos xa dende un primeiro momento en realizar un audiovisual, por ser este un dos recursos máis entretidos para os nenos e nenas. Debíamonos de poñer dacordo sobre a temática do noso vídeo, así como das técnicas e métodos que íamos empregar.


O noso vídeo íase centrar na reciclaxe e na reutilización, pero había que enlazalo coa nosa temática do río Miño. Por isto, decidimos ir gravar ao propio río tratando de mostrar como actuar de maneira responsable, recollendo así o lixo que se a tope nas beiras.
A ese lixo, neste caso, botellas de auga, daríamoslle un segundo uso creando huchas, gravando todo o tempo a súa realización. Decidimos acortar o tempo do vídeo a través dunha técnica coñecida como timelapse, reducindo así a duración do vídeo exponencialmente. Gravamos a voz en Off que incrustaríamos sobre o vídeo acelerado e listo, xa tiñamos todos os ingredientes para realizar o audiovisual. 

Chegou o momento de montar todas as pezas e conformar finalmente o audiovisual; necesitabamos unha ferramenta coa que poder unir vídeos, eliminar sonido, engadir audio, texto e efectos especiais e o máis importante, acelerar o vídeo. 

Tratamos de realizar o audiovisual con algunhas das ferramentas aportadas como son Powtoon , Animaker ou WeVideo. Despois de analizar estas ferramentas e de observar os seus pros e contras observamos que algunhas de estas empréganse para a realización de presentacións e vídeos de animacións, e outras, aínda que si permiten realizar todos os cambios mencionados, non permiten acelerar o vídeo o suficiente; por exemplo, coa ferramenta WeVideo podemos acelerar o vídeo pero únicamente 10 veces máis que a súa velocidade normal; nos necesitabamos acelerar o vídeo moito máis (finalmente aceleramos o vídeo 62.5 veces máis a súa velocidade normal). 
Tendo en conta isto, buscamos outras ferramentas para a montaxe e edicion de videos e atopamos dous: o Windows Movie Maker e o Filmora; co Windows Movie Maker tiñamos o mesmo problema que co WeVideo; so permitía acelerar o vídeo ata un x4, asique probamos co Filmora e finalmente, encontramos unha ferramenta que permitía acelerar o vídeo tanto coma quixésemos, ademais de que tamén permitía realizar todo o demais necesario para a montaxe do audiovisual. 

Despois de traballar con Filmora, cremos que é unha ferramenta moi completa e sen dificultade de uso pois ademais de presentar toda a súa interfaz en castelán tamén presenta un diseño sinxelo e claro para todo tipo de público. 


Comentarios