Cada alumno debía facer 4 actividades relacionadas coa temática do río Miño, pero incorporando elementos transversais, no noso caso, tratamos desde diferentes perspectivas a contaminación.
Propuxéronnos diferentes aplicacións coa que realizar as actividades para logo recopilalas nun libro.
Decidimos empregar principalmente Edilim, tanto para facer a maioría de actividades así como para realizar o libro. Grazas ao titorial, as actividades foron doadas de realizar, non obstante, á hora de realizar a recopilación das actividades, a cousa cambiou. O programa presentou numerosos erros, tendo que iniciar varias veces as actividades.
Para incorporar algunha actividade multimedia diferente, decidimos empregar Educaplay así como Kahoot. Estas aplicación non presentaron problemas, aínda que é certo que os anuncios réstanlle moita capacidade de uso a nivel educativo.

Comentarios
Publicar un comentario