Durante a sesión 3 cada persoa do grupo encargouse de buscar dous recursos que mantiveran certa relación co tema que imos tratar: O Río Miño. Tras analizar diversos recursos educativos de diferentes tipos: vídeos, música, páxinas web, apps... decanteime polo análise dunha páxina web relacionada coa flora e a fauna do Río Miño, e por unha app na que se amosan as rutas e os lugares de interés presentes ao longo do Río Miño.
Este recurso é unha páxina web creada por Secundino Lorenzo Fernández no que se nos mostra con sumo detalle todos os animais (clasificados nas súas clases) e plantas presentes no Río Miño acompañada cada especie dunha imaxe ilustrativa e de información útil dela.
A pesar de considerar esta páxina web de gran interese, considero que á hora de empregar este recurso nun aula os/as nenos/as non se atoparían demasiado motivados pois creo que, aínda que exista a presenza constante de imaxes das diversas especies de animais e de plantas, existe un gran contido de texto escrito que podería levar a desmotivar ao alumnado. Unha solución a este problema sería a simplificación dos contidos escritos a través de esquemas ou resumes da información.
Supoñendo a esquematización dos contidos escritos da web, considero a páxina web de gran calidade educativa pois, por exemplo, por parellas na aula de informática os/as alumnos/as poden navegar pola web anotando información e, máis tarde realizar entre todos unha posta en común das ideas. Por último se pode levar a cabo un cuestionario empregando diferentes ferramentas como o Kahoot! para avaliar a súa eficacia.
En segundo lugar elexín esta app. Consiste nunha especie de guía do Río Minho no que existe información das distintas rutas presentes ao longo do río, ou información acerca dos lugares de interés que existen no Miño. Conta ademais con mapas e imaxes das distintas zonas do Río Miño.
Considero esta app moi útil para a realización dunha saída escolar pola río realizando senderismo pola súa beira ou actividades lúdicas en contacto coa natureza e respetándoa. Este recurso vai encamiñado no ámbito escolar máis cara os/as docentes, que serán quenes empregaran a app como apoio para guiarse a través das distintas rutas e lugares de interés durante a excursión. Penso que a app non pode ir dirixida ao uso da app por parte do alumnado nunha excursión pois a presenza dos móbiles pode distraer ao alumnado e ocasionar problemas.


Comentarios
Publicar un comentario