Os dous recursos que escollín son: Un vídeo chamado "canción de los ríos" e a aplicación/xogo "kahoot". Ambos recursos poden complementarse perfectamente, o primeiro facilita a memorización e o segundo pode funcionar a modo de avaliación.
O primeiro recurso, a canción, como se pode intuír é unha canción sobre os principais ríos de España. Foi escrita por Daniel
Pattier e pertence ao canal de YouTube: Canta y aprende. Está escrita en castelán. Este recurso, como xa dixen, pode facilitar a memorización destes ríos. Ademais a través do vídeo da canción os nenos/as serán capaces de poder situalos no mapa. A letra é moi sinxela e con moita rima por iso é un recurso tan eficaz. Con este vídeo tamén mostramos aos nenos outros métodos de estudo empregando vídeos, documentais, cancións,...


⇛ KAHOOT!
O segundo recurso é a aplicación ou xogo Kahoot. Este recurso trátase dun xogo interactivo no que o profesorado poderá facer unha serie de preguntas (tipo test) en relación ao tema que estes elixan; que deberán ser contestadas polos nenos e nenas da clase de maneira individual, por parellas, de maneira grupal,... (esta é unha cuestión que debe decidir o profesorado). A aplicación irá situando ao alumnado nun ranking de maneira automática en función do número de respostas correctas e o tempo empregado para respondelas. É un método moi entretido para facer unha clase dinámica e para motivar ao alumnado. Do mesmo xeito axudará a memorizar ou a interiorizar parte do contido das preguntas. É tamén un método que xera competitividade pero, na miña experiencia coma alumno non xera ningún tipo de enfado entre o alumnado. Eu defino este recurso como un método entretido que se corresponde co tradicional " Preguntar a lección".
Comentarios
Publicar un comentario