Elixín dous recursos variados, que a pesar de ter un punto común como son os ríos, a súa temática e aportación ao alumnado é diferente, por iso debémolos diferenciar.
O vídeo trata de maneira divertida a contaminación nos ríos e como esta afecta as especies que viven nel. Penso que é un temática que debe estar moi presente na educación, xa que dende pequenos/as deben ser conscientes de que todos e todas temos a responsabilidade de coidar do medioambiente: video sobre a contaminación.
Este vídeo vainos servir para iniciarnos nunha temática tan importante como sería a contaminación nos ríos. A modo de introducción, para logo complementalo con outro tipo de actividades, por exemplo: preguntas que desperten a curiosidade e o pensamento crítico no alumnado. Ademais para que este vídeo tivese unha aplicación práctica, poderiamos organizar xornadas nas que o alumnado recollese lixo aos arredores do colexio.
O outro recurso que decidín empregar foi un xogo interactivo no que nenos e nenas deben colocar o nome dos ríos de Galicia sobre o mapa. Penso que é unha forma divertida e sinxela de aprender os ríos da nosa rexión, aos que nunca se lle dá importancia: xogo dos ríos.
Esta actividade é un complemento, non trata un tema transversal pero sí algo que nos serve para aumentar a cultura sobre a zona na que residimos. A súa finalidade non estaría tan centrada así en aprender uns contidos mínimos, senón amenizar algo as clases sobre a xeografía galega.


Comentarios
Publicar un comentario