O NOSO PROXECTO


Xa dende un comezo tiñamos claro que o proxecto que levaríamos a cabo sería unha páxina web, por parecernos esta a que ofrece maiores posibilidades de interactividade e facilidade de uso para calquera persoa.

Sen embargo o tema xa foi máis difícil, non tiñamos claro como enfocar o noso proxecto. Suxerimos distintos tema como o deporte, as árbores... pero ao final decantámonos polo río Miño, por ser este unha das grandes atraccións da nosa cidade. Ademais con este temática poderíamos abordar numerosos contidos, dende a súa fauna ou as partes dos ríos ata elementos transversais como o coidado polos animais ou a contaminación.

Comentarios