EXPECTATIVAS DA MATERIA "NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á ED. PRIMARIA"

Somos catro estudantes de dezaoito anos (David Rodríguez Corral, Adrián Rodríguez Vázquez, Daniel Sampayo Tesouro e Víctor Seara Fernández), futuros docentes de Educación Primaria que, nesta primeira entrada do blog falaremos a cerca das nosas inquietudes e expectativas respecto da materia de "Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria" impartida no 2º cuatrimestre do 1º curso do Grao en Educación Primaria; ¿Qué esperamos desta asignatura?, ¿Que consideramos que nos vai aportar no referente a nosa futura docencia?, ¿Consideramos interesante a asignatura?.




EXPECTATIVAS DESTA MATERIA: David Rodríguez Corral

Esta materia penso que me pode aportar a formación necesaria para empregar e manexar de forma adecuada as novas tecnoloxías, ademais aprenderame a encamiñalas cara a docencia, impulsando o uso das TIC nas clases, conseguindo así facelas máis adaptadas aos tempos que corren. Para moitos, as novas tecnoloxías na infancia son moi negativas por privar aos nenos e nenas de relacionarse con outros compañeiros/as pero non podemos esquecer que todo o que se faga con un uso adecuado é beneficioso.


EXPECTATIVAS DESTA MATERIA: Adrián Rodríguez Vázquez

Desta materia a primeira vista espero que sexa unha materia didáctica onde sexa preciso o traballo en equipo. Os contidos parecen interesantes e de enorme valor para a nosa futura docencia porque é unha maneira de introducir contidos de forma innovadora e amena. O único temor que me afonda é que eu non estou dotado de moita información sobre as novas tecnoloxías e teño medo a non saberme adaptar os criterios requeridos.


EXPECTATIVAS DESTA MATERIA: Daniel Sampayo Tesouro

Esta materia impulsará as nosas habilidades coas TIC, mediante o traballo en equipo iremos descubrindo e desenrolando novas capacidades. Ademais daranos as ferramentas necesarias para poder aplicar o funcionamento das mesmas na nosa futura actividade como docentes. Poderemos comprobar por nos mesmos as facilidades que permite o uso das TIC e, á súa vez, veremos cando non é correcto empregalas. É preciso compaxinar o uso das TIC co traballo en grupo, co xogo... 


EXPECTATIVAS DESTA MATERIA: Víctor Seara Fernández

Considero que a materia "Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria" deste cuatrimestre vaime aportar as ferramentas necesarias para que nun futuro como docente sexa capaz de instruír a nenos e nenas mediante o emprego da tecnoloxía. Penso que esta materia é de gran interese pois a tecnoloxía pode aproveitarse hoxe en día como medio de información e tamén pode orientarse cara a instrucción de nenos e nenas na aula pois acostuma ser  unha ferramenta atractiva para eles/as que lles xera interese pola aprendizaxe. Coñecer como empregar a tecnoloxía e saber enfocala cara a ensinanza é moi importante  polo que creo que esta materia vai aportar moito a miña labor como futuro docente.



Comentarios